jueves, 10 de junio de 2010

VI CARREIRA POPULAR NOCTURNA XINZO DE LIMIA



VI CARREIRA POPULAR NOCTURNA DE XINZO DE LIMIA, está organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia.

Esta proba celebrarase o sábado 19 de xuño de 2010, a partir das 20:30 H estando suxeita ó seguinte

REGULAMENTO XERAL

A saída e meta estarán situadas na Praza Maior de Xinzo de Limia.





Tódolos participantes deberán colocar o dorsal no peito para a súa identificación durante a carreira e na chegada a meta.

Ó longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderase descalificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.

O control de chegada pecharase 40 minutos despois de que chege o primeiro clasificado.

A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes antes, durante ou despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto unha ambulancia e un médico como intervención para os primeiros auxilios.

A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

Os atletas que obteñan algún premio, deberán acreditar a súa identidade con DNI, ou calquera outro documento que os identifique, se a organización o considera necesario.

Dado o carácter popular e festivo desta carreira, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.



INSCRICIÓNS

A inscrición é gratuíta para tódalas categorías, e poderase facer ata o día 17 de xuño ás 20:00 H.
Non se admitirán inscricións para a carreira absoluta o día da proba.

Os datos necesarios para a inscrición son:
Nome e Apelidos, data de nacemento completa, sexo, Clube , Procedencia e Teléfono.
Tamén deberán sinalar se corre como independente ou federado, e neste caso facilitarase o número de licencia.

Formas de realiza-la inscrición:

Na web: www.limiactiva.com
Por e-mail:limiactiva@gmail.com
Por fax: 988550112

Non se admitirán inscricións que entren fóra do prazo sinalado, nin as que non cumpran os requisitos obrigatorios.


No hay comentarios:

Publicar un comentario