martes, 29 de junio de 2010

Cronica Carreira Nocturna CELANOVA

Empezo polo final, acabei reventado da cea que nos papamos señora, menda e Fon.
Non dabamos creto o pedazo de PIZZA que nos puxo a boa da señoriña por riba da mesa nin siquera collían os pratos, o diametro a groso modo podería ser de aproximadamente de 55 cms de diametro, ou sexa facedevos unha idea do tamaño do artefacto. Pero pensaredes que sería finiña e con poucos condimentos, craso erro, era das de base gorda e por riba acugulada de material parecía que votaran a botes os condimentos, das 8 porcions da que se compoñia so fomos capaces de dar recado de 5 o resto para casiña o conxelador.


En canto o aspecto deportivo, sinxelamente catalogar a esta carreira como das mellores senon a mellor Nocturna de Galicia, tanto polo seu percorrido, polo ambente e pola organización que cada ano pon todo o seu empeño e bo facer para lograr unha carreira desta categoria dun pequeno pobo.

Percorrido que iste ano cambiou por mor da seguridade dos corredores porque se suprimiu unha baixada con un xiro moi perigoso o final, incrementouse en aproximadamente 400mts con un perfil non tan agresivo. A organización estimou que serían sobre 7400mts pero segun os GPS rondaban os 7800mts.

En canto a miña participación moi contento por conseguir baixar o tempo do ano pasado aínda que so sexa en ritmo porque por tempo non, debido o incremento da distancia. Sigo en clara progresión, lastima que chegue o verao e se vaia todo o traste, pero voltaremos a conseguir ou mellorar si cabe esta progresión. Teño que agradecer esta melloría a Fon por seguilo aínda que so sexa os primeiros quilometros das carreiras, xa que ten un ritmo máis elevado co meu e valeme como referencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario