martes, 29 de junio de 2010

XXVII CARREIRA POPULAR LEIRO


PREMIOS

∙ Trofeo e premio en metálico de 300€, 200€ e 100€ ó 1º, 2º
e 3º clasificados absolutos, femeninos e masculinos.
∙ Trofeo ós 3 primeiros clasificados de cada categoría.
∙ Os trofeos non son acumulativos.
∙ Trofeo ó de maior idade e ó máis novo.
∙ Medalla ós participantes das categorías A, B, C e D que
rematen a carreira.
∙ Os premios en metálico serán para os que realicen o
percorrudo de 9.321 metros.
∙ Camisetas para 600 participantes que rematen a carreira.

INSCRICIÓNS

A inscrición é totalmente GRATUITA para todas as
categorías e poderá facerse ata o día 2 de Xulo, ás 20:00
horas.

INSCRICIÓNS CATEGORÍAS ABSOLUTAS
A inscrición das categorías E, F, G, H, I e J será por medio
da páxina web www.championchipnorte.com (se non es
usuario, debes darte de alta no apartado “rexistrarse” e
seguir as instruccións para formalizar as inscricións que
desexes).

DATOS OBRIGATORIOS: nome, apelidos, NIF, data de
nacemento completa, club, localidade e teléfono.
Os corredores que non posúan o chip amarelo terán que
pagar 2€, en concepto de aluger no momento de recoller o
dorsal e o chip.
Para calquera dúbida relativo ó proceso de inscrición
podedes dirixirvos ó teléfono 982 81 68 84.

INSCRICIÓNS CATEGORÍAS INFANTILES
A inscrición para as categorías A, B, C e D será por medio
do email
clubamigosdodeporte@gmail.com, por fax ó
número 988 488 463 ou o teléfono 988 48 80 00 de 9 a 14
horas.
DATOS OBRIGATORIOS: nome, apelidos, data de
nacemento completa, club e localidade.
AGÁS CAUSA XUSTIFICADA NON SE ADMITIRÁN
INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO SINALADO, NIN
TAMPOUCO AS QUE NON CUMPRAN OS
REQUISITOS OBLIGATORIOS


A XXVII carreira popular de Leiro, organizada polo
Club amigos do deporte de Leiro celebrarase o domingo 4 de
xullo de 2010 estando suxeita ó seguinte:

1º.A saída será:
a) Ás 10:45 h. para a categoría A.
b) Ás 11:00 h. para as categorías B, C e D.
c) Ás 11:30 h. para as categorías, E, F, G, H, I e J.
da Praza do Cruceiro, sendo este tamén o punto de chegada.

2º.As inscricións pecharanse sen excepción ás 20:00 h. do
día 2 de Xullo e non se admitirán o mesmo día da carreira,
agás causa xustificada.

3º.A todos os participantes facilitaráselles o dorsal e chip
correspondiente á súa categoría, debendo colocalo no seu peito
para a súa identificación durante a carreira e chegada á meta.

4º.Ó longo do percorrido a organización establecerá os
controis que estime oportunos e poderán descalificar ós
participantes que comenta algunha irregularidade.

5º.O control de chegada pecharase 40 minutos despois de que
chegue o primeiro a meta.

6º.A organización non se fai responsable dos danos físicos ou
morais que poidan sufrir os participantes antes, durante e
despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto un
equipo de primeros auxilios. A organización dispón dun
seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

7º.Os atletas que obteñan algún premio deberán acreditar a
súa idade con DNI oi calquera documento que os identifique,
se a organización o considera necesario.

8º.Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta
carreira, a organización agarda de todos os participantes o
mellor espírito deportivo.

9º.O descoñecemento deste regulamente non exime do seu
cumprimento.

CATEGORIAS

A.De 4 a 7 anos F.De 35 a 39 anos
B.De 8 a 10 anos G.De 40 a 44 anos
C.De 11 a 13 anos H.De 45 a 49 anos
D.De 14 a 17 anos I.De 50 a 54 anos
E.De 17 a 34 anos J.De 55 anos en adiante

PERCORRIDO

Categoría A Saída: 10:45 300 metros
Categorías B, C, D Saída: 11:00 2,266metros
Categorías E, F, G,H, I, J Saída: 11:30 9,321metros



Categoría A

Categoría B,C,D

Categoría E,F,G,H,I,J

No hay comentarios:

Publicar un comentario