miércoles, 16 de junio de 2010

Cronica II Carreira Popular Cambados

O día prometía, Domingo, tempo estupendo para correr e circuito para facer unha boa marca ou iso din os expertos.

Saímos cara Cambados toda a family, con tempo para non agobiarnos nos prolegomenos da proba, recollida dorsal, quecemento e demais rituais, cando de supeto nos adianta Fon e vexo que vai so, cousa que me da que pensar xa que ia levar a Camilo e Agueda pero seguro que se deron de baixa, que así foi despois de comentarme Fon que tiveron diversos problemiñas e non poideron vir.Dame sinais de parar na area de servicio, e para non levar dous coches, pois decidimos ir so no meu coa compaña de Fon.

Na chegada a Cambados algun problemiña para aparcar pero gracias a un membro de Protección Civil colamonos por uns calexons que nos deixaron xusto onde queriamos no Pabillón de Deportes para despois ducharnos.

Recollemos dorsal e camiseta, e quedamos con Horacio e Xandra(fotografa oficial do foro), pouco tempo xa nos queda para quentar e uns poucos estiramentos.

Gran ambente na saída na Praza de Fefiñans, máis de cincocentos atletas (saudos para os coñecidos de sempre) nos demos cabida para afrontar esos 10qms con perfil case case plano.

Sáimos xuntos Horacio, Fon e máis eu pero Horacio di que vai a por 4m/qm enton xa nos deixa e continuo con Fon a primeira volta, so a primeira porque non me atopo fino e Fon anda mellor. Tento marcar un ritmo pero nesta segunda volta e máis lento, notome cansado defeito marco dous minutos máis lento que na primeira volta e por un minuto aprox. non me dobran os galgos da carreira, que nunha proba de 10qms con tres voltas nunca me adiantaron, estiveron a punto, como corren estos fenomenos. Na terceira volta atopome algo mellor e acercome o tempo da primeira pasada, incluido o sprint o final na meta como xa facía tempo que non disputaba porque chegaba coas forzas xustas.

Contento co tempo a medias e penso que podía dar un pouco máis pero agora dende o ordenador é máis fácil decilo, no asfalto pensase distinto.

A potencia sin Control.....


Gran comida con grandes amigos na taperia de Jose (fenomeno anfitrion).

Agradecer a Oliveira por dar todo pola organización dunha gran carreira, vemonos para o ano.


Saudos para Fon, Xandra, Horacio, Chechu e familia

Resultados: CAMBADOS
Fotos: CAMBADOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario