domingo, 20 de junio de 2010

Cronica Nocturna Xinzo de Limia + MMP en carreira

Afrontando xa a recta final do Circuito de Correr en Galicia, celebrouse a VI Nocturna de Xinzo de Limia a miña primeira participación e espero ser un dos fixos das proximas ediccións, con moi boa temperatura, e para ser unha carreira moi familiar cada ano ten máis participación según decían por megafonía sobre uns 315 participantes.
Carreira moi rápida polo seu perfil plano plano, dando duas voltas por un circuito totalmente urban.
Saída rapidísima por debaixo de 4m/qm nos dous primeiros quilometros con boas sensacions (como as series de Castrelos), no terceiro xa disminuin un pouco o ritmo, paso por meta e afronto a segunda volta con gañas de facer un bo tempo, levo un ritmo continuo sen forzar para non ter que chegar a meta coa lingua fora ou o peor non chegar.
Como soe ser habitual en min nos ultimos metros ata chegar a meta esprinto, pero esta carreira ten a particularidade que a liña de meta ten so dez metros en liña recta xa que anteriormente hai un angulo de 90º que te penaliza, cousas das carreiras urbans.

Contento coa miña participación e polo tempo realizado xa que fixen a miña mellor marca persoal en carreira, neste caso 6440m en 25m48s a ritmo medio de 4m/qm.

1 comentario:

  1. eii xan pues si en la nocturna de Vigo estare a ver si nos conocemos antes dew la salida mi correo es jramonam@hotmail.com
    saludosss

    ResponderEliminar