martes, 8 de junio de 2010

A miña primeira Carreira de Montaña

Despois de desaiunar un iogur e dúas tostadas a pau seco, a verdade que foi lixeiro o tema, toca ritual cremitas para os pes, e como non sei si vai sair "Lorenzo" ou non tamen me voto crema solar para poñerme moreno jeje.
Recolleme Fonvigo, e partimos ruta ata Esgos con Camilo e Roger, chegamos arredor das 9:30 con moito tempo de recoller o dorsal, acicalarnos, entregar as bolsas de "lixo" (bolsas na que metemos a roupa para abrigarnos arriba na meta), como lle comentei a un da organización que se vouto unhas risas, pero a idea foi xenial xa que alí arriba facía frío e sempre ben de maravilla unha chaqueta para abrigarse.



Saudamos os coñecidos de moitas carreiras, parece que corremos os mesmos e os de sempre, uns nunhas carreiras e outros noutras.
Facemos un breve quecemento e estiramentos, a min donme os xeonllos e decido votarme unha crema que fai o efecto de quentar os musculos, parece que funciona.

Aínda nos xuntamos unha boa banda de corredores para afrotar unha dura carreira, así no la pintaban antes de disputala, e que razón tiñan. Dura si que era, motivo polo que o plantexamento foi conservador, sin intención de sufrir, pero cando o perfil pincha hacia arriba toca apretar os machos.
Impresionantes vistas e recorrido, e duras costas que nos primeiros tramos teñen desniveis de ata un 15% vexase perfil,

baixadas pouquiñas so antes do Mosteiro de Rocas e tamen despois, moi rapidas por certo, realmente é cando disfrutas polo menos eu, estando en fresco claro. Avituallamentos moi ben repartidos e tamen a metade da proba un sólido que ben nos fixo falla porque quedaba o máis duro un cortalumes que aínda non sei como o subin nin tan xiquera andado, pendente aproximada dun 20%.



Despois de coroar o cortalumes xa quedaba pouco, un último esforzo nos deparaba ó chegar a meta un pico de 200mts. O final platanos, naranxas, isotonicas, barritas e auga.
Dende a meta so había duas formas de baixar o pobo ou corredo de novo eso si costa abaixo ou en microbuses, pero tanto a min como a Fonvigo e Ferraduro e un poucos máis privilexiados baixamos en todoterreo de protección civil, un luxo.

Gran experiencia, e con gañas de voltar a proxima edición, todo o mundo di que si che gusta quedas enganchado a montaña e parece ser certo.

P.d. As zapatillas que estrenei as Salomon Xt Wings foron de vicio, realmente espectaculares, agarrabanse a todolos lados, con moi boa estabilidade, van ser moi boas compañeiras de camiño.

Clasificación Carreira Rocas-O Eirado


Fotos Carreira Rocas-O Eirado

No hay comentarios:

Publicar un comentario