viernes, 5 de marzo de 2010

IV Carreira Popular InterSport Piñeiro 2010



Esta vai ser a miña segunda edición desta gran popular que cada ano gaña en prestixio e participación, xa que este ano superarase con moito os 1200 participantes sen contar coas categorias inferiores.

Cobra para min unha especial importancia xa que vai ser a presentación oficial do INTERRUNNING TEAM do cal son compoñente, un equipo que se formou para fomentar o atletismo popular independentemente do nivel de cada compoñente, aínda así contamos con grandes profesionais a nivel atletico como en asesoramento en material técnico.

O 13 de Febreiro coa xentileza e gran organización de Intersport Piñeiño Porriño, organizouse unha "Accion NIKE", na que nos deron unha charla sobre xicoloxia deportiva por parte de persoal do Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e presentación das novas zapatillas Nike Lunarelite dun especialista da marca(foi coas que corremos mais tarde).
Despois da teorica pasamos a acción, fomos ata porriño e dimos unha volta casi enteira do circuito da Interrunning e despois saimos cara a tenda Intersport, un total de aproximadamente oito quilometros, fomos a bo ritmo xa que levabamos os galgos do Interrunning Team que nos marcaban o paso, menos mal que ian "despacio" que si non quedamos polo camiño, o chegar estiramentos, isotonicas e froitas, unha gran mañan deportiva.

Esperemos que para a carreira saia todo ben e teñamos un día medianamente bo metereoloxicamene falando, e deportivamente pois a mellorar a MMP de 10qm si é posible.

Magoa, non puido celebrarse a carreira, por motivos metereoloxicos "Xynthia" independentemente do que realmente pasou polo menos por aqui na zona sur Galicia.

Texto quitado da web de Interrunning:

SUSPENSION DE LA CARRERA!!!
COMUNICAMOS LA SUSPENSION DE LA INTERRUNNING 2010 ,PREVISTA PARA EL DIA DE MAÑANA POR MOTIVOS AJENOS A LA ORGANIZACION. RECIBIMOS UN COMUNICADO DE LA XUNTA EN LA NOCHE DEL VIERNES QUE PROHIBEN LA ORGANIZACION DE TODOS LOS EVENTOS DEPORTIVOS DEL SABADO Y DOMINGO. LA CARRERA SE APLAZA PARA EL DIA 28 DE MARZO CON LOS MISMOS HORARIOS Y CONDICIONES.


Despois de baraxar varias datas, xa que nun principio puxose o 28 de Marzo concretouse definitivamente o 7 Marzo.

Texto quitado da web:
LA INTERRUNING 2010 SE CELEBRARÁ EL PRÓXIMO DOMINGO 7 DE MARZO TRAS SER SUSPENDIDA POR EL TEMPORAL XYNTHIA QUE NOS AFECTÓ EL PASADO FIN DE SEMANA.

Sorte para todos, vemonos no Porriño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario