lunes, 8 de marzo de 2010

MMP en PORRIÑO 2010

Onte foi un día perfecto deportivamente, foi a presentación do equipo INTERRRUNING TEAM do cal son compoñente o máis amateur pero aportando ilusión e gañas e moito sufrimento e quilometros. Presentación por megafonia nominativa de todos os compoñentes do equipo, coa presencia de máis de mil corredores de toda Galicia, foi emocionante.





Quecemento cos compañeiros avituais de entrenos, meu irman, Fon, Horacio e Agueda, fallounos Camilo que tiña competición de Natación. Demos unhas voltas na recta de meta na espera do pistoletazo de saída. Tiven a sorte de sair diante de todo por motivo da presentación, deus como sae a xente de adiante é un autentico sprint, é unha experiencia espectacular.


Pola miña parte saín tamen revolucionado aproveitando a posición priviliexada, mantiven un bo ritmo na primeira volta pero a partires de ahi xa adoptei o ritmo máis acorde as miñas condicions pero de todas maneiras un pouco máis alto do normal. Non tiña referencias as que seguir, gracias o Garmin que é o meu compañeiro de fatigas que tanto me axuda non a correr pero si por darme información.


Chegada a meta con sprint como soe ser habitual en min cando me quedan folgos, e canso moi canso, miro o crono e sorpresa MMP 10qm 42'37" a 4'16".





Resultados...http://www.championchipnorte.com/externos/20100307133804_IV_INTERRUNNING_2010/ADULTOS.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario