martes, 23 de marzo de 2010

Semana 8 preparación Vig-Bay (22-28 Marzo)

Semana completa apriori, explicome non ten festivos nin nada raro.
Paso a detallar o planning semanal.

Planning:
MARTES*
10' c.c. progresiva
2x(1.2-1.4-1.6)
8x400/45"-1'
20' c.c. suave

XOVES**
10' c.c. progresiva
4X1000 70%/1'30"
4x2000 85%/5'
10' c.c. suave

SABADO/DOMINGO
10' c.c.
30' c.i.
75' c.e

* O martes reunimonos parte do grupo, estiven eu máis meu irman, Camilo e Fon, despois das voltas de quecemento apareceu Agueda pero non quixo facer o noso planning xa que as costas poñenselle de punta. Enton os catro afrontamos a dura xornada de entrenos, a primeira serie iamos por parexas meu irman e Camilo, eu e Fon, notouse que Camilo estivo inactivo que foi como unha moto xunto co meu brother, na segunda serie fomos un pouco máis xuntos pero despois tirei un pouco e desfixen o grupo. Total do entreno 12,300 mts, non fixemos as series cortas xa que lle demos moita caña as series longas, para rematar duas voltas de enfriamento e para a casiña.
** O xoves, decidimos que por falta de rodaxe trocar o entreno de series (o meu pesar jeje) por facer unha tirada longa para ter sensacions de carreira. A intención era facer uns 18qms pero para ser a primeira vez dende que estamos a preparar a VigBay que sería moito, o final pouco menos fixemos 16qms a ritmo de 4'50", non estivo mal, máis que nada polas boas sensacions non polo tempo que temos pensado conseguir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario